venres, 26 de abril de 2013
xoves, 18 de abril de 2013
luns, 8 de abril de 2013
sábado, 6 de abril de 2013
mércores, 3 de abril de 2013
XOGO SOBRE OS ANIMAIS
Mirade outro enlace sobre actividades de animais . Probade a facelas que seguro que vos gustarán. Sorte
TIPOS DE ANIMAIS
Aquí tedes un enlace dos tipos de animais . Botádelle un bistazo, espero que vos guste.
martes, 26 de marzo de 2013
GALLETAS DE CHOCOLATE
Fixemos galletas de chocolate, como xa vos informamos o outro día, a través do xornal. Tod@s colaboramos; lemos a receita, pesamos os ingredientes, mezclámolos e cansámonos de remexer. Despois fomos de un en un facendo as boliñas e rebozándoas en azucre glass. Por último, tivemos que recoller todo, fregamos e deixamos todo "requetelimpo".Case nos levou toda a mañá pero valeu a pena. Que boas estaban!!
luns, 25 de marzo de 2013
Visita a Pontevedra
O mércores 13 de marzo fixemos unha saída. Saimos do colexio ás 9:15 da mañá. A primeira parada foi en Lourizán, no parque forestal. Alí facía moito frío pero foi unha visita preciosa, coñecemos un montón de tipos de árbores, demos un bo paseo polo medio dun "bosque fantástico". Seguidamente saímos cara a Pontevedra ó Pazo de Cultura a ver unha obra de teatro "Soldadiño de chumbo", que bonita!! Logo fomos comer xa que non víamos coa fame porque non paramos en toda a mañán, nin para tomar a merenda de media mañá. Íamos merendar na alameda pero chovía e con gran sorte nos deixaron comer no Pazo de Cultura, que sorte tivemos!! Pola tarde, xa saiu o sol e nos acercamos ó parque da Praza de Barcelos en Pontevedra. Sobre as 4 da tarde dirixímonos, para rematar o día, ó Museo de Pontevedra que resultou ser moi interesante aínda que estabamos agotad@s. Regresamos ó cole ás 6:45 da tarde
mércores, 20 de marzo de 2013
venres, 15 de marzo de 2013
A HORTA
Temos unha pequena horta no colexio. Non entendemos moito de agricultura pero pouco a pouco nos poñeremos ó día. Xa sementamos en decembro uns allos, e xa teñen un tamaño considerable. Agora vamos empezar cos semilleiros e plantaremos: tomates, leitugas, guisantes, cebolas, calabazas, espinacas e acelgas; a ver que sae de aí...xa vos invitaremos!!
Así plantamos os allos
Así plantamos os allos
domingo, 10 de marzo de 2013
PLANTACIÓN DE LENTELLAS
Plantamos lentellas en cascas de ovos. Puidemos ver perfectamente como medra unha semente. Plantámolas en distintos días para ir vendo a evolución. Ó final, cando as lentellas xa tiñan unha altura considerable, pintamos uns ollos, nariz e boca nas cáscaras dos ovos e quedáronnos unhas cabezas con pelo PRECIOSAS!!



PADRIÑOS E MADRIÑAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS
Apadriñamos cada un de nós un nen@ de 3 anos; consiste en que lle imos ler ou contar un día ó mes un conto, ten que ser a última semana do mes. Eliximos un rincón da aula ou dos pasillos, estamos moi a gusto. Pórtanse moi ben porque están moi atent@s. Están encantad@s con nós.
xoves, 7 de marzo de 2013
PAPEL RECICLADO
Fixemos papel reciclado. Con él, aproveitamos para facer unhas postais de Nadal. Unha vez feitas mandámolas ás nosas casas. Aprendemos moito con este traballo; dende facer papel reciclado, poñer unha dirección, aprendemos a dirección onde vivimos; tamén nos ensinaron que pola parte de atrás do sobre se pon a dirección de onde sae a carta... Por último levamos as cartas a un buzón de correos, que tampouco sabíamos para que servía aquelo. Un bo traballo!!
TEATRO NO AUDITORIO
Fomos ó auditorio ver a obra de teatro "Baleadas" . Fomos andando, xa que é un luxo ter o auditorio tan cerca. Demos un paseo e, de paso, tamén nos divertimos; un día distinto!!




mércores, 6 de marzo de 2013
ESCOLA MARIA SOLIÑA DA INDIA
Que interesante nos pareceu!! cando nos viñeron a falar ó cole, dunha escola que se fixo na India con cartos que aportaron persoas anónimas; gracias a Neneta, unha canguesa que puxo todo o seu esforzo para que este proxecto fose adiante.
Se queredes saber máis picade aquí
martes, 5 de marzo de 2013
PARA SER PROFESORA HOXE
Receita
PARA SER PROFESORA HOXE:
Ingredientes:
-Formación
-Saber ensinar
-Talento
-Dedicación
-Ter unha formación continua
-Optimismo e esperanza
Para
ser una boa mestra ou mestre
débense reunir bastantes calidades para así poder vivila e gozala ó máximo. É necesario non pensar que xa se sabe todo
senón que queda moito por aprender. Tamén que non só son os nen@s os que aprenden
senón que eles tamén nos ensinan moitas cousas.
Como
ben di no artigo “Para una muchacha que quiere ser
profesora” e no que estou totalmente
dacordo “la vocación docente implica no tener miedo a la certeza de
que uno va a tener autoridad sobre
alguien y estará obligado a hacer buen uso de ella”.
É
una profesión na que se está continuamente tratando con nen@s, e por elo que os
cambios na mentalidade da sociedade refléxanse constantemente nos cambios dos
modelos educativos polo que se debe actualizar constantemente o método de
ensinanza.
Ademais
de saber ensinar, unha boa mestra ou mestre debe saber como ter unha boa
relación co seu alumnado. Antigamente @ mestre/a eran intocables, ó que ninguén
lle podía falar, a que tod@s temían. Actualmente deben ser, por un lado, bos
amig@s do alumnado e á mesma vez manter
unha disciplina sen faltar un bo sentido do humor.
Tamén
hai que saber adaptarse ó entorno e ó tipo de estudante, que non é fácil.
En resumen,
necesítase un gran amor polo traballo e
moita paciencia.
Ligazóns e fontes utilizadas para levar a cabo a
actividade:
http://blog.esl-idiomas.com/es/esl/que-se-necesita-para-ser-buen-profesor-de-idiomas/
http://www.aprendemas.com/Guias/Especial-Docencia-Oct2011/P4.asp
http://innovacioneducativa.wordpress.com/2009/08/08/como-ser-un-buen-profesor-la-prueba-del-algodon/
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





.jpg)
















