O TEMPO EN CANGAS

luns, 25 de marzo de 2013

Visita a Pontevedra

O mércores 13 de marzo fixemos unha saída. Saimos do colexio ás 9:15 da mañá. A primeira parada foi en Lourizán, no parque forestal. Alí facía moito frío pero foi unha visita preciosa, coñecemos un montón de tipos de árbores, demos un bo paseo polo medio dun "bosque fantástico". Seguidamente saímos cara a Pontevedra ó Pazo de Cultura a ver unha obra de teatro "Soldadiño de chumbo", que bonita!! Logo fomos comer xa que non víamos coa fame porque non paramos en toda a mañán, nin para tomar a merenda de media mañá. Íamos merendar na alameda pero chovía e con gran sorte nos deixaron comer no Pazo de Cultura, que sorte tivemos!! Pola tarde, xa saiu o sol e nos acercamos ó parque da Praza de Barcelos en Pontevedra. Sobre as 4 da tarde dirixímonos, para rematar o día, ó Museo de Pontevedra que resultou ser moi interesante aínda que estabamos agotad@s. Regresamos ó cole ás 6:45 da tarde

2 comentarios:

  1. El viaje fue muy guay. Clara.

    ResponderEliminar
  2. Ola Clarita!! Alégrome de que che gustara. Chegamos cansados pero foi moi divertido. A verdade e que vós tamén vos portastes moi ben. Eu tamén vin moi contenta de vós.

    ResponderEliminar